Capa

Os nenos numerados

XERAIS
9788483021941
978-84-8302-194-1
Galego
FORA DE XOGO
Literatura infantil: de 0 a 12 anos

Sinopse

Os nenos numerados recolle a conmovedora historia dun fato de rapaces internados nos anos sesenta no reformatorio coruñés de Palavea. Pés Planos, logo chamado o Iluminado, -protagonista que é da novela- rouba unhas botas na zapatería de don Manuel e encérrano no reformatorio, un edificio rodeado por un muro de cristais cravados no cemento que brillan co sol da tarde. Pés Planos coñecerá na furgoneta que o levaba desde o xulgado á Casa Grande a Juan Acost, aquel rapaz de ollos quentes e fixos que choraba por calquera cousa, pero que terá pulo dabondo para intentar saltar o muro. A fame, o frío, os celadores, a loita diaria pola supervivencia nun ambiente hostil empuxan ós rapaces a tentar fuxir, pero moi poucos se atreven e case ningún o consegue. Xabier Senín realizou a versión galega de Os nenos numerados, chamada a converterse en novela de referencia da dura adolescencia dos máis desgraciados rapazotes galegos de hai trinta anos.